sábado, 21 de mayo de 2011

A Globalización


Nas últimas décadas, o progreso internacional é favorecido principalmente por empresas privadas ou institucións bancarias, deixando  nun segundo plano ós organismos públicos, dos cales non podemos dicir que gozan da mesma eficacia que os primeiros á hora de promover o crecemento económico dos países en vía de desenvolvemento. Os principais métodos de funcionamento destas organizacións privadas son carteiras de inversión por parte das organizacións bancarias, e investimentos directos no caso de empresas privadas.

En algunhas situacións, estas axudas non poden verse realizadas en determinados países que se atopan en situacións críticas de desenvolvemento, polo cal,  as institucións privadas atribúen dito feito á actual política dos países, que dificultan dalgún modo as prestacións estranxeiras. Deste xeito, entendemos como a partir  da liberalización do mercado dos países en vías de desenvolvemento, as fontes de financiamento privado gañaron enorme importancia á hora  de continuar o seu crecemento.



 Esta crecente dependencia do sector empresarial privado creou a  coñecida "filantropía empresarial", o que orixinou non só vantaxes, senón tamén problemas. En moitos casos, os inversores privados non respectaron os dereitos dos traballadores ou o medio ambiente. A pesar das promesas de prosperidade destes financiadores privados, os feitos non se corresponden de todo co acordo. Deste xeito, cando nos atopamos cos apoios do sector privado, que son principalmente destinados aos países que sofren ditas consecuencias, xa que as empresas privadas buscan ante todo maximizar os seus beneficios. 

Na miña opinión, atopámonos cun sector privado que se aproveita  en certo modo dos países en desenvolvemento, intentando evitar as duras críticas a base da posta en marcha de axudas de carácter sanitario ou educativo, co fin de recubrir dito aproveitamento. A pesar do papel que desempeñan as institucións privadas no crecemento económico destes países do Terceiro Mundo, non podemos esquecer as consecuencias que xorden, xa que, como se di no texto, a empresa privada busca o maior beneficio e pretende contentar ante todo aos seus accionistas.

A continuación, algunhas páxinas relacionadas co xa dito anteriormente:

http://www.buenastareas.com/ensayos/Efectos-De-La-Globalizacion/174892.html 
http://economiainteractiva2008.wordpress.com/menu/carolina/%C2%BFcuales-son-los-efectos-perjudiciales-de-la-globalizacion/
http://www.eumed.net/cursecon/15/globalizacion.htm

domingo, 20 de febrero de 2011

A loita pola terra cultivable


Tras realizar unha visión previa a escala mundial da situación actual, atopámonos cunha chamativa cantidade de superficies cultivables que son obxecto de transacción por parte dos denominados "Estados ricos", entre os que nos encontramos nun primeiro posto a Corea do Sur, seguida de China, Arabia Saudí e Xapón.

O motivo básico que conduce a estes grandes inversores a apropiarse da dita cantidade de terras e o impecable clima e a óptima productividade do terreo.
A principal causa de que este fenómeno se incrementase nos últimos anos débese á adopción, cada vez maior, do coñecido modelo económico liberal. Como consecuencia, ademais de ocasionar este incremento do colonialismo agrario, tamén xerou revoltas en países aos que lles resultou máis dificil adaptarse á propiedade individual.

Por outro lado, tamén cabe destacar a consecuencia que dito colonialismo ocasionou nos países afectados en canto ó ámbito alimenticio se refire, xa que moitos de eles padecen alarmantes hambrunas. A isto podemos añadir do mesmo xeito a considerable cantidade de poboación rural pertencente a esas zonas que se atopan nunha situación de traballo coaccionado, o cal xa ocasionou imnumerables protestas.

Como resposta á crisis alimenticia,orixinouse a necesidade de atopar novas superficies pouco ou aínda non explotadas, como é o caso de África continental. A súa vez, para evitar o anteriormente acontecido, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) elaborou no 2009 o denominado "código de boa conducta".


A continuación, uns enlaces que se relacionan co anteriormente falado:
http://www.umoya.org/index.php?option=com_content&view=article&id=6166%3Asemana-de-la-allmentacion-los-campesinos-contra-la-venta-de-tierras&catid=13%3Asoberanalimentaria&Itemid=28&lang=es
http://www.umoya.org/index.php?option=com_content&view=article&id=6922%3Amas-de-veinte-paises-africanos-ceden-tierras-al-extranjero-para-agricultura-intensiva&catid=13%3Asoberanalimentaria&Itemid=28&lang=es
http://www.foei.org/es/what-we-do/agrocombustibles/ultimos-documentos/jatrofa-denuncia-de-las-nuevas-amenazas-a-la-agricultrura-de-africa