Nas últimas décadas, o progreso internacional é favorecido principalmente por empresas privadas ou institucións bancarias, deixando nun segundo plano ós organismos públicos, dos cales non podemos dicir que gozan da mesma eficacia que os primeiros á hora de promover o crecemento económico dos países en vía de desenvolvemento. Os principais métodos de funcionamento destas organizacións privadas son carteiras de inversión por parte das organizacións bancarias, e investimentos directos no caso de empresas privadas.
En algunhas situacións, estas axudas non poden verse realizadas en determinados países que se atopan en situacións críticas de desenvolvemento, polo cal, as institucións privadas atribúen dito feito á actual política dos países, que dificultan dalgún modo as prestacións estranxeiras. Deste xeito, entendemos como a partir da liberalización do mercado dos países en vías de desenvolvemento, as fontes de financiamento privado gañaron enorme importancia á hora de continuar o seu crecemento.
Esta crecente dependencia do sector empresarial privado creou a coñecida "filantropía empresarial", o que orixinou non só vantaxes, senón tamén problemas. En moitos casos, os inversores privados non respectaron os dereitos dos traballadores ou o medio ambiente. A pesar das promesas de prosperidade destes financiadores privados, os feitos non se corresponden de todo co acordo. Deste xeito, cando nos atopamos cos apoios do sector privado, que son principalmente destinados aos países que sofren ditas consecuencias, xa que as empresas privadas buscan ante todo maximizar os seus beneficios.
A continuación, algunhas páxinas relacionadas co xa dito anteriormente:
http://www.buenastareas.com/ensayos/Efectos-De-La-Globalizacion/174892.html http://economiainteractiva2008.wordpress.com/menu/carolina/%C2%BFcuales-son-los-efectos-perjudiciales-de-la-globalizacion/
http://www.eumed.net/cursecon/15/globalizacion.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario